Linwind – De Windows a Linux

Tuenti xogos

Escrito en: Sociedade o día 6 Xuño 2010

Tuenti juegos

Tuenti engadiu unha nova opción á súa rede social, a posibilidade de xogar en rede con todos os teus amigos, de momento aínda non está dispoñible para todos os usuarios aínda que, se alguén dos teus amigos si dispón desta nova funcional poderá invitarche e automaticamente engadeseche o servizo.

Todos os xogos estarán 100% en español algo que a verdade non estamos moi afeitos xa que a maioría de páxinas web que ofrecen xogos online teñen os xogos en ingles, con esta nova funcionalidade buscan mellorar a experiencia lúdica dos seus usuarios ofrecéndolles unha das actividades máis comúns na rede.

Tuenti Juegos

Creo que a maioría dos usuarios estarán contentos desta nova funcionalidade, permite pasar un bo intre sen necesidade de saírse da comunidade e podendo estar pendente do que sucede en Tuenti.

Para retar aos teus amigos conectados ao chat de Tuenti deberás picar na icona de xogos no chat e despois seleccionar o xogo.

Vía: Blog Tuenti

Clic aquí para ayuda.

Deixa unha resposta

Son maior de idade, comprendo a Política de privacidad e que o meu nome xunto o texto aparecerán na sección de comentarios.

Acepto a Política de privacidad.