Linwind – De Windows a Linux

Tutorial JDownloader

Escrito en: Descargas, Utilidades o día 22 Xaneiro 2010

Tutorial JDownloader

JDownloader é unha das mellores ferramentas para descargar ficheiros de Megaupload , Rapidshare e páxinas similares, considérase unha das mellores porque o fai todo por ti ata cando son moitos ficheiros e non tes conta premium, só vas ter que copiar as URL, pegalas na aplicación e pulsar na frecha de descarga.

Aínda que aparentemente parece un xestor de descargas como outro calquera a realidade é moi distinta xa que as funcións que nos ofrece son moito maiores, en primeiro lugar cando introduzas as URL comprobará que os links funcionan correctamente, se tes conta premium do servizo de almacenamento de onde esteas descargando, poderás descarar todo á vez e á máxima velocidade, en caso de non telo o programa axustarase ás condicións da descarga e progresivamente ira descargando todos os ficheiros, se queres reservar un ancho de banda para navegar en óptimas condicións tamén che permitirá controlar o ancho de banda e aínda por riba se o servizo de onde descargas ten capcha con JDownloader poderás saltarcho.

¿Estades dubidando de que sexa un dos mellores xestores de descarga? Pois agora dígovos que a maiores de todo isto poderás automaticamente reconectar o modem e cambiar a IP e así evitarche as esperas que teñen moitos servizos destas características.

JDownloader é unha aplicación en Xava que poderás usar baixo calquera sistema operativo e para descargar todo o que se che ocorra que atopes por Internet.

Déixovos a continuación cos tutoriales tanto para GNU/Linux como Windows, nos dous un proceso bastante sinxelo se seguimos os vídeos de 13Chiri e liiinkanet :

Ler máis …

Clic aquí para ayuda.

Deixa unha resposta

Son maior de idade, comprendo a Política de privacidad e que o meu nome xunto o texto aparecerán na sección de comentarios.

Acepto a Política de privacidad.