Linwind – De Windows a Linux

Ubuntu permitirá executar aplicacións de Android

Escrito en: Linux o día 27 Maio 2009

Ubuntu permitirá ejecutar aplicaciones de Android

Coñeceuse que Canonical está desenvolvendo unha plataforma que permita a execución de aplicacións de Android (Sistema Operativo para moviles)  en Ubuntu, polo que se coñece, están traballando para que estas aplicacións poidan acceder ao sistema de ficheiros de Ubuntu.

Como xa sabedes, Android está construído sobre o kernel de Linux , isto é o que dá a posibilidade da súa integración nas distintas distribucións Linux, a primeira en lanzarse a experimentar foi Canonical pero seguro que tamén se verá en moitas outras. A longo prazo obterase un beneficio moi grande xa que poderás usar as mesmas aplicacións no teu móbil que no teu pc así como unha maior comunidade de desenvolvedores.

android-ubuntu

Podes coñecer máis no artigo “Coming soon: Google Android applications on Ubuntu

Clic aquí para ayuda.

Deixa unha resposta

Son maior de idade, comprendo a Política de privacidad e que o meu nome xunto o texto aparecerán na sección de comentarios.

Acepto a Política de privacidad.