Linwind – De Windows a Linux

Vale a pena pagar polo software?

Escrito en: Sociedade, Software o día 12 Outubro 2009

¿Vale la pena pagar por el software?

Isto é unha pregunta sen resposta, eu son dos que opina que depende do uso que lle vas a dar. Cando temos opción de elixir entre diversas aplicacións supoño que a maioría elixiriamos a libre e gratuíta. O software de pago na actualidade converteuse no 90% dos casos en software pirata, coñezo casos en que se piratea ferramentas como o Photoshop para simplemente redimensionar imaxes … Para que instalas esa tremenda ferramenta se tes outras que fan esa mesma función, ocupan menos, son gratuítas e non tes que andar con cracks nin seriais?  Por pór un exemplo GIMP, un usuario normal ten con GIMP unha ferramenta con sobradas características para o que o necesita e non vai romper a cabeza buscando cracks ou códigos de licenza. Outro exemplo, Microsoft Office ferramenta completa pero igual que Open Office, Porque a xente perde o tempo con cracks etc … ou se gasta un dineral nelas?

Con isto non estou a dicir que non valla a pena pagar polo software, un profesional que vai espremer ao máximo Adobe Ilustrator, Photoshop, Dreamweaver, AutoCAD, … eu diríalle, Cómprao, vale a pena!

Como anécdota vos comento que o outro día un compañeiro coméntome que tenia o Photoshop CS4 pirata e eu pregúntelle para que o quería … a súa resposta foi, para cortar as fotografías. Eu quédeme pensando para o min … Photoshop CS4 é unha aplicación que ocupa uns cantos de centos de megas no disco duro, que consome moitísimos recursos cando se inicia, simplemente para cortar fotos cando hai aplicacións de 1 MB que realizan esa función, son gratuítas e non tes que perder o tempo con cracks nin seriais ¡Non ten sentido!

Con todo isto que quero dicir, se necesitas unha ferramenta que é de pago e vaslle sacar proveito pois cómpraa ou pirateala, alá cada un, pero para que vas gastar o diñeiro ou perder o tempo cando en ocasións tes ferramentas libres, de codigo aberto e gratuítas que son mellores e atópalas con só pór nun buscador como Google o que necesitas.

Clic aquí para ayuda.

Deixa unha resposta

Son maior de idade, comprendo a Política de privacidad e que o meu nome xunto o texto aparecerán na sección de comentarios.

Acepto a Política de privacidad.