Vista previa de Chrome OS
Escrito en: Google o día 15 Maio 2010
Vista previa de Chrome OS
Chrome OS levantou moita expectación desde o día que se anunciou. O equipo de desenvolvemento que esta levando a cabo este sistema operativo na nube sacou á luz algunhas capturas de pantalla de como está actualmente o proceso e a verdade é que a moitos xa lles empezou a caer a baba.
Nesta ocasión as capturas axudan a ver como resolveron algúns dos aspectos esenciais de todo sistema operativo, o navegador de fiestras para traballar comodamente con varias aplicacións simultaneamente e o navegador de ficheiros que é un simple navegador de arquivos xerárquico pero pensando na computación na nube. A mellor forma de facerse unha idea é ver as seguintes imaxes:
O navegador de ficheiros de Chrome OS

Como podemos ver, atoparémonos cunha interfaz gráfica tridimensional para navegar polas fiestras, bastante similar aos que ofrecen algúns produtos de Apple.
Paneis de Chrome OS

Os paneis de Chrome OS utilizaranse como recipientes que permitirán ao usuario realizar varias tarefas sen saír da vista da súa aplicación actual. Por exemplo, cun reprodutor de música e chatear nos paneis, un usuario pode controlar a reprodución da súa música e charlar cun amigo mentres ve un vídeo ou ler un documento longo na súa vista principal.
Nevagador de ficheiros de Chrome OS

O navegador de contido é un simple navegador de arquivos xerárquico, trátase dunha versión mellorada de file:// para permitir unha navegación máis sinxela.
Vía: Techcrunch
Relacionadas:
- Vista previa de Google Wave Developer
- Os vídeos tamén terán vista previa en Google
- Vista previa instantánea e o SEO
- Vista previa da interfaz de Google TV
- Vista previa nos resultados de Google
- Chrome Extensions – Web de extensións para Google Chrome
- Xa dispoñible Google Chrome Extensions
Deixa unha resposta
Sígue a Linwind
Máis popular
- Descargar DirectX 11 para Windows Vista y 7
- Descargar emulador PlayStation 2
- Descargar emulador PSP
- Cuenta premium Megaupload gratis.
- Descarga directa Naruto y Naruto Shippuden.
- Descarga Directa de juegos PSP
- Windows uE SP3 (XP SP3 Unattended Edition)
- Tutorial JDownloader
- Descargar películas DVDFull, HD-DVD y BluRay
- Crear cuenta MSN Messenger






