Linwind – De Windows a Linux

Windows e Google son definicións para a sociedade.

Escrito en: Google, Sociedade, Windows o día 22 Setembro 2009

Windows y Google son definiciones para la sociedad.

¿Credes que se sacamos un computador co flamante KDE 4 a ensinarmosllo á xente, saberán recoñecer que non é Windows 7? A verdade é que a xente que non está ao día no mundo das novas tecnoloxías non notaría a diferenza, algo que me parece totalmente normal pero … ¿Porque usan Windows e non outro sistema operativo?

Antes de nada imos ver un vídeo onde vemos unhas probas realizadas por ZDNet onde mostraban aos viandantes un portátil con KDE 4 e preguntábanlle que lles parecía o novo Windows 7:

Como observamos todos deron por feito que era Windows e non algo raro que non coñecían e iso é simplemente porque na actualidade a sociedade asocia Windows a Computador como Google a Internet. É tan brutal a publicidade tanto boca a boca como por parte das empresas, que estas dúas palabras convertéronse na definición destas dúas tecnoloxías.

Non é a primeira vez que leo por foros e que escoito nos meus arredores frases como … “Comprei un Windows cun procesador … e … de RAM”, Google mesmo máis esaxerado … “Busquei en Google a URL pero non me aparece”

Clic aquí para ayuda.

Deixa unha resposta

Son maior de idade, comprendo a Política de privacidad e que o meu nome xunto o texto aparecerán na sección de comentarios.

Acepto a Política de privacidad.